10 jul 2011

10 DE XULLO


 Primeira reunión na escola para facer o test do que mañá dirán os resultados e adscribirán a cadaquén no curso que lle corresponda.
Ao saír, aproveitamos para felicitar a Carlos Gargallo que hoxe cumpre 16 anos!!! Jaime e Jorge deixáronlle quentes as orellas

 e, como non?, cantámoslle o cumpreanos feliz!
 Despois, tomamos posesión do Dart, o tren que nos levará un día si e outro tamén a Dublín.
 Carlos e Jorge
 David, Antía  e Carlos Estévez

 Carla, Eduardo, Sara e Alejandro
 Rocío, Andrea, Rubén e Ana
 Carola, Lúa, Iria e Alba
 Irene, María e Lucía
Paseamos por Talbot Street e achegámonos ata a estatua de James Joyce,



cruzamos o Ha'penny bridge

 e demos un paseo por Temple Bar

E mesmo paramos ante o Wall of Fame, o Muro da Fama onde se atopan fotografías dos artistas máis significativos de Irlanda, como U2, Cramberries, Gallaguer, etc
 E, claro, despois de pasear, chegou o momento de repoñer forzas no pub O'Neils onde probamos típica comida irlandesa ou outras cousas máis internacionais, cada un ao seu gusto.

 Despois fomos visitar a Molly Malonde -seguro que un día destes na escola lles cantan a canción- e seguimos camiñando polas rúas da cidade, paseamos por con Grafton Street (o máis parecido ao noso Paseo) e disfrutamos dalgunha atracción simpática na rúa.
 
 E para seguir vendo Dublín sen cansarnos, fixemos un percorrido nun autobús turístico, coa boa fortuna de que non choveu nada en toda a viaxe e non nos mollamos.
Despois tiveron tempo para dar un volta e aproveitaron para comezar a comprar sudadeiras, balóns... e algúns agasallos tamén, claro.
E o día xa non deu para máis porque como ceamos ás 6 hai que regresar axiña.
Un día moi agradable en todos os sentidos: bo tempo e boa compañía. Que máis se pode pedir?

No hay comentarios:

Publicar un comentario