10 jul 2011

COMEZO DA VIAXE

Comeza hoxe esta "Expedición a Irlanda" formada por 26 integrantes.
A viaxe transcorreu sen incidencias e chegamos ao seu tempo a Dublín onde xa nos estaba esperando Lydia que nos entregou planos, pases de tren e bus e demais documentación e levounos ata Malahide onde nos foron recollendo as familias. 

Xa estamos todos instalados, sen problemas que saibamos.  

Irlanda recibiunos cun tempo algo mellor ca o que deixamos en Santiago: un chisco de sol, máis tarde algo de nubes e de cando en vez chuvia fina (o que por aquí chaman showers), ou sexa o típico tempo variable e fresco deste país.

Mañá madrugaremos para ir facer os tests de nivel e despois daremos un primeiro paseo por Dublín.

Boa noite, pois, desde a Illa Esmeralda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario