13 jul 2011

12 DE XULLO

Hoxe tivemos un día relaxado e cunha magnífica temperatura (como os irlandeses están sempre falando do tempo que vai,  haberá que facer coma eles...)

As clases transcorren con normalidade, con algúns reaxustes, e en xeral parecen contentos coas clases, aínda que case todos levan deberes para o día seguinte, o cal xa non gusta tanto. Ás 12, ao rematar, aproveitan para comer no patio e ás 12:30 comezan as actividades da tarde.


Hoxe tocou tarde de deportes no parque do Castelo, un inmenso campo de suave céspede intensamente verde. Uns amosaron as súas habilidades co golf mentres outros xogaron ao tenis e despois disputaron un reñidísmo partido de fútbol de rapaces contra rapazas. Despois, un descanso na herba para repoñer as forzas.




Por último achegámonos ata o Castelo -hoxe non vimos a ningunha das tres pantasmas que o habitan, tal vez o día que teñamos a visita guiada- e gozamos dun momento de relax e conversa deitados na herba baixo un sol espléndido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario