19 jul 2011

18 DE XULLO

Segue o ritmo normal das clases. O grupo de Advanced na aula 9 disponse a recoller ao rematar a clase, ás 12.

A actividade de tarde prevista para hoxe era deportes no parque do castelo pero o mal tempo aconsellou cambiala por outra a cuberto e desprazámonos ata o centro comercial da veciña vila de Swords onde puideron asistir á proxección da última película de Harry Potter, estreada o pasado venres. Durante 2 horas e cuarto Alba, Carola, Rubén, Alejandro, Sara, Jorge, Lucía, María e Irene -entre outros- déronse o gustazo de ver a película na versión orixinal en inglés. 


Despois agardamos polo bus para regresar a Malahide a cear.



E despois da cea foron moitos os que se achegaron ata a praia  onde hai diversas atraccións nas que o pasaron en grande.
Antía, Irene e María emulan a Fernando Alonso na pista.








e Marco, despois de baixar dunha atracción máis movida do esperado.


Jorge, Antía, Sara e Lúa atrevéronse nun carrusel que xiraba a gran velocidade.

E unha foto final de Carla, Alejandro, Carlos, Lucía, Jaime (co seu inseparable balón) e Marco.

E así, entre bromas, algún mareo e moitas risas, rematou este noveno día en Dublín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario