17 jul 2011

JAMES JOYCE E DUBLIN

Irlanda é unha terra de grandes escritores, entre os que se contan James Joyce, Oscar Wilde, Jonathan Swift, Fann O’Brien, Sean 0’Casey… e os premios nobel George Bernard Shaw, W.B. Yeats, Samuel Beckett e Seamus Heaney… A cidade de Dublín conta cun Museo dos escritores irlandeses .

Probablemente o máis importante de todos sexa James Joyce, non só pola calidade da súa obra, senón porque elixiu a capital irlandesa para situar o argumento dalgunhas das súas obras, entre elas  Ulysses, que algúns consideran a novela máis importante do século XX.
Cada 16 de xuño Dublín celebra o Bloomsday e os participantes percorren o itinerario dos personaxes da novela.
Na nosa estadía nestas terras atoparémonos coa presenza de Joyce en moitos puntos da cidade, por iso preparamos esta folleto cos puntos principais.




O primeiro capítulo do Ulysses sitúase na Martello Tower, de Sandycove, unha das moitas que se construíron na costa irlandesa para resistir a invasión das tropas napoleónicas. Esta torre converteuse na Torre Joyce e nela reúnese unha exposición sobre a vida e obra do escritor. Aínda que brevemente, por mor da choiva e o vento, o día 17 achegámonos ata este punto, e tamén visitamos o veciño Forty Foot.

Tamén posamos o primeiro día todos xuntos ante  a estatua de Joyce en Talbot Street.

Nos días que restan continuaremos explorando as pegadas do autor de Dublineses.

No hay comentarios:

Publicar un comentario