26 jul 2011

21 DE XULLO

Esta tarde viñemos un día máis ata Dublín para visitarmos o Museo Arqueolóxico que conta con interesantes exposicións permanentes entre as que cabe destacar The Tresaury, ou Ór-Ireland's Gold (unha impresionante colección de pezas de xoiería en ouro da Idade do Bronce) ou Kingship and Sacrifice (que amosa restos humanos momificados da Idade de Ferro). Tamén conta con exposicións da Irlanda viquinga, a medieval... e tamén  cunha sala dedicada ao Antigo Exipto.

En fin, unha interesante visita da que non contamos con documentación gráfica posto que non está permitido facer fotos nin vídeos no interior, pero as imaxes contempladas quedaron ben gravadas nas nosas retinas.

Despois o habitual tempo libre na cidade, regresamos a Malahide para cear puntualmente ás 6 da tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario