26 jul 2011

25 DE XULLO

O luns foi un día bastante tranquilo despois da intensa actividade da fin de semana.

Ás clases na escola incorporáronse novos estudantes nalgunhas aulas; de igual modo que nas casas, onde chegaron varios estudantes, xaponeses principalmente.

Pola tarde tivemos a visita ao castelo de Malahide. Percorremos varias dependencias do castelo, observamos a arquitectura, a decoración e o mobiliario das diferentes estancias e fómonos achegando á historia dos Talbot. 


Tampouco esta vez nos cruzamos coa pantasma de Puck nin coa da Ladie in White! Mágoa!


Tamén observamos no inmenso parque que rodea o castelo os preparativos para a próxima actuación de Prince, o día 30, que polo tanto nós xa non presenciaremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario