26 jul 2011

22 A 24 de XULLO

A fin de semana transcorreu na preciosa cidade de Galway, na costa oeste de Irlanda, a 2ª cidade en importancia do país.

Acomodámonos no Kinlay House Hostel, un albergue situado no corazón da cidade, con moitos e variopintos hóspedes. O bo tempo e a animada vida da cidade permitíronnos pasear polas bonitas rúas medievais,  pola rúa das compras (Shop Street), camiñar pola beira do río Corrib e achegarnos ata o Spanish Arch, a única porta das murallas que se mantén en pé e que nos recorda que Galway foi durante os séculos XV e XVI destino habitual dos barcos españois que descargaban as súas mercadorías, principalmente viño.
O sábado acordamos facer unha excursión ata os Cliffs of Moher. Para chegar ata aló, percorremos a rexión de The Burren, gozando dunhas magníficas vistas da baía de Galway.

Paramos diante do castelo de Dunquaire no fondo da baía de Galway,


cruzamos a vila de Lisdoonvarna onde cada setembro se celebra o Matchmaking Love, o maior festival de singles de Europa, ao que acoden na procura de parella.

E chegamos aos Cliffs de Moher, uns cantís que se elevan 120 metros sobre o Atlántico, coas illas de Arán á súa dereita. Ana, María, Carla, Rocío, Jorge, Clara, Eduardo, Lucía, Irene e Alejandro préstanse para unha foto de recordo.




E tamén vimos unha exposición de coches que lle puxeron os dentes longos a Carlos G., a Jorge, a Carlos E., a David e a Jaime.

Tamén paramos para ver o dolmen de Poulnabrone, ben semellante aos nosos de Maus de Salas.



E regresamos a Galway para cear no albergue.




Carlos e Jaime con moita fame, parece.

O domingo 24, despois de felicitar convenientemente a Marco polo seu 17 cumpreanos (non se librou do tirón de orellas, aínda que o pretendeu),


regresamos no autobús a Malahide  que tamén estaba en festas.  A tranquilidade habitual da vila contrastaba coa visión das rúas abarrotadas de xente que saíra para disfrutar do sol, da música e dunha  pinta de cervexa.


Unha intensa fin de semana, sen dúbida!

No hay comentarios:

Publicar un comentario