14 jul 2011

13 DE XULLO

O sol de onte fixo o seu efecto e esta mañá cando nos xuntamos comentamos o moito que a todos onte nos collera o sol a todos e a boa cor coa que iamos chegar a Ourense. Por outra parte, como Malahide é unha vila costeira, xunto cos baños de sol tamén tomamos os aires do mar.


Na escola houbo algúns cambios de clase para axustar mellor a cada un no curso máis adecuado ao seu nivel. Nas aulas coinciden con rapaces italianos, franceses, algún ruso... As clases xa están a pleno rendemento e son moitos os que levan deberes para a casa.

Pola tarde fomos ata Dublín para visitar o cárcere de Kilmainham Gaol, unha antiga prisión inaugurada en 1796 que desempeña un importante papel na historia de Irlanda xa que nela estiveron encarcerados  moitos dos líderes das rebelións pola independdencia de Irlanda, entre eles os dirixentes do Alzamento de Pascua de 1916. Tamén foi o lugar no que estiveron encarcerados todo tipo de prisioneiros, mesmo nenos, por pequenos delictos de roubo.

Foi tamén o escenario de diversas películas.

 




Todo vai saíndo ben, segundo o previsto, con algúns pequenos problemas que se van solucionando adecuadamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario