14 jul 2011

14 DE XULLO

Xa levamos 5 días en Irlanda e pouco a pouco imos vendo como a fluidez en inglés vai mellorando grazas ás clases e ás conversas coas familias que, un ano máis, son realmente encantadoras.

Na escola os rapaces están repartidos en diferentes bloques e aulas segundo o curso que estean facendo. Neste caso, os da aula 7 dispóñense a recoller unha vez rematada a clase, ás 12.



Despois de comer todos xuntos o packed lunch, marchamos no tren para Dublín.


 
Só son 20 minutos de viaxe pero hai tempo para todo, ata para tomar unhas primeiras leccións de póker.


  Esta tarde visitamos o Trinity College,  a Universidade máis antiga e prestixiosa de Irlanda, fundada pola raíña Isabel I en 1592 sobre un antigo mosteiro, na que estudaron personalidades como James Joyce, Óscar Wilde ou Bram Stocker. 

Paramos no patio principal e fixemos unha foto de todo o grupo diante do campanario  



e outra máis con Karen.

E,  a continuación, fomos ver a antiga biblioteca na que se conservan un gran número de obras literarias, entre as que destaca o Libro de Kells -Book of Kells-, en irlandés Leabhar Cheannannais, unha copia manuscrita dos evanxeos realizada no século IX.
Tamén visitamos a sala principal da biblioteca, a Long Room, ten case 65 metros de longo e contén cerca de 200.000 libros máis antigos da biblioteca.

Logo dun merecido descanso diante da biblioteca,

 tivemos unha hora libre que aproveitamos para pasear, facer algunhas compras ou tomar algo porque, como di o cartel, o mellor modo de disfrutar do tempo é tomando un café cos amigos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario