16 jul 2011

16 DE XULLO

A viaxe de hoxe en autobús ata Kilkenny permitiunos coñecer o sur do país e contemplar paisaxes moi similares ás nosas: suaves montañas e prados moi verdes nos que pacían tranquilamente cabalos, vacas e ovellas, baixo unha choiva en ocasións intensa. Hoxe comprobamos tamén a veracidade dese dito de que en Irlanda hai catro estacións nun mesmo día: choveu, quentou o sol, soprou o vento... un tempo moi variable que nos obriga a andar sempre con paraugas, chuvasqueiro, sudadeiras para ir poñendo ou quitando segundo o momento. Os irlandeses din que aos estranxeiros recoñécennos axiña: somos os que imos abrigados pola rúa... Eles andan en manga curta e sandalias para facer caso ao calendario.

Kilkenny é unha pequena cidade na que destaca o castelo do século XII  e os seus edificios medievais decorados con pedras negras extraídas da "Black Quarry" (canteira negra), o que lle valeu o sobrenome de "A cidade de mármore".




Tivemos tempo para pasear polas rúas peatonais inzadas de tendas e pubs e visitar algúns centros comerciais nos que adquirir algún recordo ou poñer en práctica algúns destes consellos consumistas:


Por suposto tamén tivemos ocasión de felicitar a Carme polo seu santo e darlle unha pequena sorpresa, e é que estamos sempre dispostos a celebrar todo o celebrable. Faltaría máis!

E na viaxe de volta aproveitaron para ter unha animada conversa con Karen na que demostraron a súa habilidade coa lingua de Shakespeare xa que ata se atreveron con algún chiste. Vese que despois desta primeira semana xa se lles vai soltando a lingua e están collendo confianza co inglés.

Fin da primeira semana e sobrevivimos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario