17 jul 2011

17 DE XULLO

Hoxe foi día de excursión a Dalkey, unha vila próxima na que tiñamos reservadas as entradas no castelo para asistir á THE TUDOR EXPERIENCE, unha performance moi divertida na que os actores interactuan co público e contan como era a vida no castelo durante a Idade Media.
Primeiramente, visionamos un interesante audiovisual acerca da historia de Dalkey


e máis tarde fomos recibidos por unha serventa dos Tudor que, logo de darnos a benvida, acolleunos cun baile.


 E explicounos como eran os costumes do castelo en canto á alimentación e a hixiene.


Despois apareceu o Milord e explicounos cales eran os medios defensivos da época. Jorge e Rubén amosaron a súa habilidade (?) no manexo do arco e as frechas.




Sara, Jaime, Andrea e Carmen sufriron no potro de castigo.








Despois subimos ata o torre do castelo, contemplamos unha fermosa panorámica da baía,  imaxinamos as loitas dos arqueiros e coñecemos a curiosa orixe do V como símbolo de victoria.





mentres o pendón das tres cabras ondeaba ao vento



Foi despois o momento no que o barbeiro fixo unha demostración das súas artes como médico, sacamoas e cirurxián... un profesional moi entregado ao seu traballo posto que atopaba un gran pracer no manexo de coitelos, navallas, tenaces e outros útiles de tortura.
Lucía someteuse  a unha exploración de cráneo.


Andrea aguantou con gran valor a extracción dun dente.



e Antía experimentou a dor das sangrías para purificar o sangue.



En fin, unha interesante visita que nos permitiu coñecer dun modo divertido un pouco máis da historia, ao tempo que escoitamos unha interesante clase en inglés.

Rematada a visita ao castelo, camiñamos ata Sandycove para situarnos ante a Martello Tower ou James Joyce Tower, lugar no que se sitúa o inicio da novela o Ulysses e onde comeza tamén o percorrido do Bloomsday que cada 16 de xuño reúne aos admiradores do Ulysses.
A carón da James Joyce Tower está o Forty Foot, a piscina á que tamén se alude na novela e, entre a envexa e a incredulidade, observamos como varias persoas se bañaban naquelas augas xélidas.


 E, ante o desapracible do día, regresamos no tren a Malahide a tempo para tomar un chocolate quentiño antes de cear.

No hay comentarios:

Publicar un comentario